Mostrando entradas con la etiqueta Motricidade Grosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Motricidade Grosa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2020

EQUILIBRISTAS

   Na sesión de hoxe imos continuar traballando un pouquiño o equilibrio. Para iso anímovos a practicar realizando tres xogos.

COLORÍN, COLORÍN

Para este xogo precisamos atar case a ras do chan, unha cordiña con papeis de diferentes cores colgando. O neno/a colocarase próximo á corda e terá que tocar tantas veces como lle digamos, o papeliño da cor que indiquemos. Por exemplo: toca a cor amarela tres veces. O neno/ a levantará o pé dominante e tocará tres veces seguidas, sen pousar o pé no chan, o papeliño amarelo. Repetiremos coas diferentes cores e cando rematemos, faremos que o neno/a o intente co outro pé.


CARREIRA

Coa axuda de dúas macetas de plástico e varios globos pequenos cheos de auga imos realizar o seguinte xogo. Ataremos nos pés do neno/a as macetas segundo se indica na imaxe. Trazaremos un percorrido e nun extremo do mesmo colocaremos un montón de globos. O neno/a terá que coller coas mans dous globos e colocalos en cadansúa maceta. Fará o percorrido camiñando e ao chegar á meta deixará os globos noutro recipiente pero sen collelos coas mans. Esta vez terá que levantar os pés  para depositar os globos no novo recipiente.

Juegos

CAMIÑATA SOBRE CHURRO

Agora imos necesitar un churro de piscina. Colocarémolo sobre o chan e o cativo deberá camiñar descalzo sobre el mantendo o equilibrio.




martes, 2 de junio de 2020

ESTATUAS

   Hoxe imos traballar un pouquiño o equilibrio. Nos nenos/as, o equilibrio influe na forma de percibir o mundo que os rodea, as relacións sociais e a súa propia autoestima. Se un neno/a ten problemas de equilibrio, a súa capacidade de atención verase afectada e polo tanto o seu rendemento escolar.

1. Estatuas: o papá ou a mamá fará soar un instrumento musical de maneira continuada ( se non temos ningún instrumento, podemos empregar calquera obxecto que produza son ao tocalo). Mentres, o neno/a moverase libremente polo espazo. Cando o instrumento deixe de soar, o neno/a deberá permanecer quieto adoptando unha postura determinada. Repetiremos a dinámica e cada vez a postura terá que ser diferente.

2. Empurrón: este xogo é moi parecido ao anterior. Diferenciase en que o neno/a non terá que adoptar ningunha postura, só quedarse quieto. Nese momento, o papá ou a mamá daralle un lixeiro empurrón. O neno/a non poderá mover, en ningún momento, os pés do chan.

3. O bailarín: consiste en poñerse en posición de bailarina, é dicir, cos brazos en alto e unidos polas mans, mentras unha das pernas se apoia na contraria co pé no xeonllo. 



4. Camiñando sobre a liña: trazaremos no chan unha liña con cinta carrocera. Primeiro, o neno/a  camiñará sobre a liña colocando un pé diante do outro. Despois, realizará o mesmo percorrido pero esta vez levando nas mans un pau cuns aneis nos extremos.


viernes, 29 de mayo de 2020

A CARRETILLA

 Nas actividades da sesión de hoxe traballaremos a musculatura dos brazos e das mans e tamén a súa coordinación.
1. 


  Colocaremos no chan varias liñas con cinta carrocera, segundo se indica na imaxe. O neno/a colocarase cos pés na primeira das liñas, dobrará o corpo pola cintura e levará as mans ata os pés. Pouco a pouco irá avanzando coas mans por cada unha das liñas ata chegar á derradeira e estar case estirado. Por suposto, os pés non se poderán mover. Nesa última posición aguantará uns segundos e regresará novamente á posición inicial (repetirá tres veces).

2.


    Agora colocaremos no espazo que hai entre a terceira e a cuarta liña un recipiente e ao lado unhas cantas pelotiñas de plástico ou calquera obxecto similar. Mandarémoslle ao neno/a repetir o exercicio anterior pero esta vez, cando chegue coas mans á terceira liña, quedará alí quieto e terá que coller cada unha das pelotiñas coa man dominante e metelas dentro do recipiente. Unha vez feito, regresará á posición inicial. Repetiremos a actividade, agora empregando a outra man. É moi importante que durante o exercicio o neno/a non estea nunha posición moi forzada. Fixádevos na posición que ten o neno da imaxe, esa é a correcta.

3. CARRETILLA.

  Por último, coa axuda dun adulto, o neno/a realizará a carretilla. É importante visualizar o vídeo porque nos indica como facelo de maneira correcta para que o neno/a non lesione nin a columna nin a zona lumbar.

martes, 19 de mayo de 2020

A MOVERSE!

      Hoxe déixovos un vídeo cun montón de ideas coas que se poden traballar diferentes ámbitos da psicomotricidade. Son moi divertidas. Escollede aquelas que máis vos gusten e a desfrutar.



miércoles, 13 de mayo de 2020

CIRCUITO DE SALTOS

      Estades listos para saltar?
  Dicídelle a papá e a mamá que con cinta carrocera vos preparen no corredor da vosa casa un circuito coma o do debuxo.

                                       


    Teredes que saltar para ir avanzando polo circuito e os vosos pés deberán caer xusto enriba das liñas vermellas. Procurade que os dous pés caian ao mesmo tempo. Para que vexades mellor a dinámica da actividade, déixovos un vídeo.






martes, 5 de mayo de 2020

XOGANDO CON GLOBOS

    Collede aire, inflade un globo e xogade con el.

  • Golpeade o globo cunha man mentres a outra man está descansando dentro dun bolsillo. Tratade de darlle todo o rato ao globo evitando que caia ao chan. Despois dun anaco, faredes o mesmo pero agora coa outra man.
  • Golpeade o globo alternando as mans ( un golpe primeiro cunha man e o seguinte golpe coa outra).
  • Ides facer o mesmo que estivestes facendo coas mans pero agora cos pés. Golpeade o globo primeiro só cun pé. Despois só co outro e finalmente alternando os dous pés.
  • Golpeade o globo coa cabeza.



martes, 28 de abril de 2020

XOGANDO COS PÉS

      Onte xogamos coas mans e hoxe toca facelo cos pés.
Primeiro: Facemos garabatos cos pés.


Segundo: Trasladamos pelotas dun recipiente a outro.


Terceiro: Camiñamos cunha corda anudada entre as dedas.



martes, 21 de abril de 2020

REUTILIZANDO

     Nas nosas casas hai un sen fin de obxectos que podemos reutilizar empregando un pouquiño a nosa  imaxinación. Reutilizar permitiranos darlle un uso alternativo a materiais que nun principio tiñamos pensado tirar ao lixo pero ademais, activará a nosa creatividade e neste caso, aportaranos un momento de diversión.
     Aquí vos deixo unha serie de ideas para crear diferentes xoguetes reutilizando. Por suposto, xoguetes cos que estimular a motricidade dos máis pequenos.





jueves, 16 de abril de 2020

XOGANDO COS ANIMAIS

  Ola! Hoxe imos seguir as instrucións destes simpáticos animais.








  Para continuar propóñomos o xogo doutro animal: a tea de araña.
   O papá ou a mamá diseñarán no corredor da casa unha tea de araña xigante coa axuda de cinta carrocera ou similar. Os nenos/as deberán atravesar a tea con moito tino para non rompela. ( se preferimos, podemos empregar sillas e unha corda).





martes, 31 de marzo de 2020

CUNHA FOLLA DE XORNAL

  Coa axuda dunha folla de xornal, hoxe imos facer voar a nosa imaxinación e de paso mellorar a nosa motricidade tanto fina como grosa.
  Os papás deberán ir contando os diferentes fragmentos dos contos que aparecen de seguido e ao mesmo tempo acompañalos cos diferentes movementos que se explican. Os nenos/s imitarán aos seus papás.
...Mentres Abú e Aladín exploraban a cova, unha alfombra de bordes dourados cobrou vida e achegouse a eles flotando no aire. Era unha alfombra máxica coa que podían voar...

Somos Aladín e a folla de xornal acaba de transformarse nunha impresionante alfombra máxica. Cos nosos dedos índice, medio e polgar colleremos a folla polos dous extremos máis próximos e faremos movementos subindo e baixando a folla.
Agora  poñéndoa no chan, en posición lonxitudinal, deberemos saltar cos pés xuntos dun extremo ao outro da alfombra sen chegar a pisala.
Ufff! A nosa alfombra máxica está moi sucia de tanto saltar por enriba dela. Volveremos a collela e agora sacudirémola pero con moito coidado para non rompela.
...O mundo está en perigo. Necesita dun superheroe que o poida salvar. Superman!!!...

Somos superman. Colocamos a folla no pescozo agarrándoa coas mans a modo de capa e corremos por toda a casa.
...A fada  sacou a súa variña e con ela tocou a Cincenta. De súpeto, un impresionante vestido apareceu no corpo da moza e tamén uns preciosos zapatiños. Agora xa podía ir ao baile...

Somos Cincenta. Poñemos a folla na zona dorsal da cintura coma se fose a cola dun vestido de gala  e camiñamos na punta dos pés facendo movementos coa cadeira.
...Peter Pan, tan pronto chegou, aproximouse ao barco do capitán Garfio. Este era un pirata malísimo e gran inimigo do rápaz...

Colocamos a folla pechada enriba da cabeza semellando levar un gorro pirata. Movémonos polo espazo sen que nos caia o gorro.
Todo bo pirata ten unha espada. Transformamos a folla nunha espada facendo un churro, (enroscándoa). Loitamos contra o capitán Garfio facendo movementos coa nosa espada.
...No vello Oeste o Coronel trata de atrapar ao indomable Spirit...

Somos o Coronel e queremos atrapar a Spirit co noso lazo. Facemos movementos circulares co churro por  enriba da cabeza, primeiro cara un lado e logo cara o outro.
 ...pero o intrépido cabalo derriba ao Coronel e escapa do forte ao galope...
Colocamos o churro no cu por dentro do pantalón e deixándoo sobresaír un pouco coma se fose a cola dun cabalo. Todos ao galope!! Trotamos polo espazo.
...No medio do deserto aparece unha serpe...
Agora o churro é unha serpe, polo que facemos movementos serpenteantes con el sobre o chan.

Agora convertimos o churro nunha bola ( o ovo Humpty Dumpty) e xogamos a lanzala ao aire e a deixala caer mentres dure a canción. Despois, abriremos a bola, alisaremos a folla todo o que poidamos coas nosas mans e colocándonos enriba  dela romperémola en anaquiños moi pequenos só coa axuda dos pés.
Ohhh, a alfombra máxica de Aladín coa que viaxamos polos diferentes contos está feita añicos. Pero non vos preocupedes! Metédea dentro dunha bolsa e como é máxica, xa veredes como mañá, no lugar dos anaquiños aparece unha alfombra nova coa que volver voar e  IMAXINAR.


martes, 24 de marzo de 2020

XOGOS CON PELOTA

Con estas actividades potenciaremos especialmente a coordinación óculo-manual.


  • Colocar unha pelota entre os pés e desprazarse polo espazo saltando sen perder a pelota.
  • Colocar agora a pelota entre os xeonllos e camiñar sen perdela.
  • Poñer a pelota no chan e un pé sobre ela. Mover o pé cara adiante e cara atrás rodando sobre a pelota e mantendo o equilibrio. Faremos despois o mesmo co outro pé.
  • Pasar a pelota arredor da cintura coa axuda das mans.
  • Colocar a pelota á altura do peito e presionala coas dúas mans á vez.
  • Lanzar a pelota ao aire e collela sen que caia.
  • Facer botar a pelota coas dúas mans e collela despois de que dea un bote.
  • Botar a pelota de maneira continuada cunha soa man.
  • Botar a pelota de maneira continuada alternando as mans.
  • Desprazar a pelota polo chan coa axuda só dos pés e dando pases moi curtos.
  • En parella ( cun adulto ou con outro neno/a) lanzar a pelota ás mans. O pase farase partindo sempre do baixo ventre.
  • En parella, facer pases cos pés.
  • Sentados no chan coas pernas estiradas, colocaremos a pelota entre os pés e trataremos de levala cara atrás por enriba da cabeza, coma se estivésemos dando unha voltereta cara atrás.


martes, 17 de marzo de 2020

MOTRICIDADE GROSA 1

Con estas actividades que vos propoño, os vosos/as fillos/as irán desenvolvendo a habilidade de moverse armoniosamente e de manter o equilibrio, ademais de adquirir axilidade, forxa e velocidade nos seus movementos.
v Camiñar cara adiante.
v Camiñar cara atrás.
v Camiñar na punta dos pés.
v Camiñar sobre os talóns.
v Marcha de soldado alternando brazos e pernas.
v Marcha de pato: desprazarse coas dedas dos pés apuntando cara fóra e os brazos cos polgares apuntando cara dentro.
v Marcha de pingüín: desprazarse coas dedas dos pés apuntando cara dentro e os brazos cos polgares apuntando cara fóra.
v Desprazarse dando saltos cos pés xuntos.
v Trotar.
v Reptar.
v Gatear ( alternando brazos e pernas sen mover as dúas pernas nunca á vez).
v Arrastrar o cu polo chan, primeiro cara adiante e despois cara atrás, sen a axuda das mans.
v En calcetíns, arrastrar os pés polo chan como se estivésemos patinando.
v Facer a croqueta rodando polo chan.

MARCHA SOLDADO
  
GATEO