martes, 24 de marzo de 2020

XOGOS CON PELOTA

Con estas actividades potenciaremos especialmente a coordinación óculo-manual.


  • Colocar unha pelota entre os pés e desprazarse polo espazo saltando sen perder a pelota.
  • Colocar agora a pelota entre os xeonllos e camiñar sen perdela.
  • Poñer a pelota no chan e un pé sobre ela. Mover o pé cara adiante e cara atrás rodando sobre a pelota e mantendo o equilibrio. Faremos despois o mesmo co outro pé.
  • Pasar a pelota arredor da cintura coa axuda das mans.
  • Colocar a pelota á altura do peito e presionala coas dúas mans á vez.
  • Lanzar a pelota ao aire e collela sen que caia.
  • Facer botar a pelota coas dúas mans e collela despois de que dea un bote.
  • Botar a pelota de maneira continuada cunha soa man.
  • Botar a pelota de maneira continuada alternando as mans.
  • Desprazar a pelota polo chan coa axuda só dos pés e dando pases moi curtos.
  • En parella ( cun adulto ou con outro neno/a) lanzar a pelota ás mans. O pase farase partindo sempre do baixo ventre.
  • En parella, facer pases cos pés.
  • Sentados no chan coas pernas estiradas, colocaremos a pelota entre os pés e trataremos de levala cara atrás por enriba da cabeza, coma se estivésemos dando unha voltereta cara atrás.


No hay comentarios:

Publicar un comentario