Hoxe imos xogar a ser perruqueiros, que vos parece?
MATERIAIS:
- Folios.
- Un lapis.
- Témperas de cores.
- Un vaso.
- Un pincel.
- Unha pouquiña de auga.
- Unha palliña.
Nun folio, debuxaremos unha cara. Lembrade; ten que ter dous ollos, un nariz, unha boca e dúas orellas. Sempre lle debuxamos pelo pero esta vez, non. Cando teñamos a nosa cara debuxada, na zona do pelo e coa axuda dun pincel, deixaremos caer unhas pinguiñas de témpera diluida nunha pouquiña de auga. Despois, colleremos a palliña e sopraremos enriba de cada pinguiña para así debuxar o pelo.
Deste xeito, ademais de conseguir uns debuxos moi graciosos, estaremos fortalecendo os músculos da nosa cara e así conseguiremos mellorar a nosa fala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario