Ola! Como estades? Espero que desfrutando a tope desa hora na que podedes xogar e correr ao aire libre. Pero como o día é moi grande, propóñovos algunhas actividades coas que seguir traballando na casa un pouquiño a motricidade fina.
O primeiro é un video cunha representación moi divertida. Intentádea facer cos vosos dediños.
Agora, empregando as tesoiras recortaredes tiras de papel. Os vosos papás que vos preparen unha reixa cunha cartoliña como a da imaxe. Vós teredes que ir entrelazando as diferentes cintas. Xa veredes que bonito queda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario