As mans son esa parte tan esencial da nosa anatomía que serven para case todo o realmente importante: crear, contar, tocar, escribir… XOGAR. Por iso hoxe vou presentarvos tres xogos nos que o único material que imos precisar serán as nosas mans. Pasaremos un bo rato e ademais desenvolveremos certas destrezas que nos axudarán a ter unhas mans moito maís áxiles.
1. Pulso chino: Consiste en atrapar co dedo polgar o polgar da túa parella, como se pode ver na imaxe.
2. Piedra, papel, tijera: A pedra vence á tesoira rompéndoa, a tesoira vence ao papel cortándoo e o papel vence á pedra envolvéndoa.
3. Quentamans: Debemos colocarnos fronte ao noso contrincante coas nosas palmas das mans cara arriba mentres que o outro xogador colocará as súas enriba das nosas e cara abaixo. O xogo é moi sinxelo. Terás que sacar as túas mans tan rápido como para poder golpear o dorso das mans do teu despistado contrincante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario