Nas actividades da sesión de hoxe traballaremos a musculatura dos brazos e das mans e tamén a súa coordinación.
1.
Colocaremos no chan varias liñas con cinta carrocera, segundo se indica na imaxe. O neno/a colocarase cos pés na primeira das liñas, dobrará o corpo pola cintura e levará as mans ata os pés. Pouco a pouco irá avanzando coas mans por cada unha das liñas ata chegar á derradeira e estar case estirado. Por suposto, os pés non se poderán mover. Nesa última posición aguantará uns segundos e regresará novamente á posición inicial (repetirá tres veces).
2.
Agora colocaremos no espazo que hai entre a terceira e a cuarta liña un recipiente e ao lado unhas cantas pelotiñas de plástico ou calquera obxecto similar. Mandarémoslle ao neno/a repetir o exercicio anterior pero esta vez, cando chegue coas mans á terceira liña, quedará alí quieto e terá que coller cada unha das pelotiñas coa man dominante e metelas dentro do recipiente. Unha vez feito, regresará á posición inicial. Repetiremos a actividade, agora empregando a outra man. É moi importante que durante o exercicio o neno/a non estea nunha posición moi forzada. Fixádevos na posición que ten o neno da imaxe, esa é a correcta.
3. CARRETILLA.
Por último, coa axuda dun adulto, o neno/a realizará a carretilla. É importante visualizar o vídeo porque nos indica como facelo de maneira correcta para que o neno/a non lesione nin a columna nin a zona lumbar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario