Mostrando entradas con la etiqueta Motilidade Ocular. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Motilidade Ocular. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020

OLLOS XOGUETONES

  Seguimos traballando a motilidade ocular, tan importante para a aprendizaxe da lecto-escritura.

 BALÓN DE LETRAS

Colleremos unha pelota e escribiremos nela diferentes letras. O neno/a estará colocado moi próximo á unha parede na que teremos marcada cunha cinta adhesiva unha cruz. O neno/a lanzará coas dúas mans a pelota contra a parede tratando de darlle á cruz. Cando volva  coller a pelota, terá que dicir o nome da primeira letra que vexa.

Imagen

MIRANDO AO LONXE

Para esta actividade necesitaremos seis pauciños depresores ou tiras de cartoliña. Nun dos extremos de cada pauciño debuxaremos un círculo e pintarémolo dunha determinada cor. O neno/a estará de pé. Colocarémoslle o depresor moi preto dos ollos e pedirémoslle que mire para el. Pouco a pouco iremos alonxando o pau  ata máis ou menos 30  centímetros. É agora cando lle pediremos ao neno/a que nos diga cal é a cor que está pintada no depresor. Repetiremos a operación con cada un dos depresores. 

Una Mano Del ` S Del Niño Con Un Lápiz Imagen de archivo - Imagen ...

jueves, 14 de mayo de 2020

OLLO!!!

   Para hoxe propóñovos dúas actividades coas que seguiremos traballando a motilidade e coordinación ocular.
1. ACTIVIDADE 1: esta é unha actividade de equilibrio para a que é fundamental manter a mirada fixa nun punto determinado, neste caso a pelota.
                                              
Como vedes, necesitaremos un cilindro do papel hixiénico e unha pelotiña de plástico. O neno/a deberá percorrer unha distancia sostendo o cilindro na man sen que a pelota caia ao chan.
2. ACTIVIDADE 2: nesta actividade unha boa coordinación entre os dous ollos é máis que imprescindible para que o neno/a consiga meter a boliña polo burato. 
                    


jueves, 7 de mayo de 2020

MOTILIDADE OCULAR 2

     Hoxe retomamos algúns exercicios que nos axudarán a  mellorar a coordinación entre os dous ollos.
     Empezaremos vendo un vídeo no que aparece un puntiño negro. Teredes que seguilo cos dous ollos sen mover a cabeza. É un pouquiño difícil pero hai que intentalo.


     Agora déixovos unha actividade semellante a outra que xa fixemos. Presentarémoslle ao neno/a unha lámina como a seguinte e pedirémoslle que mova as dúas fichas á vez sobre as liñas debuxadas.




jueves, 2 de abril de 2020

MOTILIDADE OCULAR

   A sesión de hoxe está adicada a un aspecto da psicomotricidade moitas veces esquecido pero que é imprescindible para poder levar a cabo con éxito accións da vida diaria, como subir ou baixar escaleiras e tamén actividades do ámbito académico como debuxar, ler ou escribir. Este aspecto é a MOTILIDADE OCULAR, que fai referencia ao movemento coordinado dos ollos e que lle permite ao cerebro interpretar correctamente as imaxes que recibe tridimensinalmente. Para realizar correctamente estes movementos é preciso que os músculos dos ollos teñan un funcionamento óptimo.
  Se queredes saber máis: http://www.acotv.org/es/area-visual/17-problemas-visuales/27-disfunciones-de-la-motilidad-ocular.html
   De seguido propóñense tres actividades que traballan a motilidade ocular.

MIRANDO AO LONXE: O proxenitor situarase a metro e medio do seu fillo e terá seis tarxetas na man, cada unha cun número  ( os números deben ser coñecidos polo neno/a polo que podemos repetir varias veces o mesmo número no caso de nenos de tres anos). Pedirémoslle ao neno que peche os ollos con forza e ao noso sinal abrirá os ollos e,  mirando para a tarxeta, deberá dicir que número ve. Repetiremos  con cada unha das tarxetas.
  No mundo no que vivimos, cheo de pantallas, a penas adicamos tempo a mirar ao lonxe e esto é importantísimo. Estes días de confinamento, facede que os vosos fillos miren pola fiestra, que contemplen o que hai, o que pasa ao seu arredor.

PAREDE DE CORES: Pegaremos na parede dunha habitación varios círculos de cores a diferentes alturas. A habitación non estará a escuras pero si a media luz. O neno situarase diante da parede, a un metro de distancia e mirando ao fronte. O proxenitor, coa axuda dunha lanterna, alumeará un círculo determinado. O neno, sen mover a cabeza, só os ollos ( cara arriba,  cara abaixo, cara un lado), deberá dicir de que cor se trata. Repetiremos con cada cor.




ACTIVIDADE 3: Presentarémoslle ao neno unha lámina como a seguinte e pedirémoslle que mova as dúas fichas ( poden ser as tapas de dúas botellas) á vez sobre as liñas marcadas.