martes, 2 de junio de 2020

ESTATUAS

   Hoxe imos traballar un pouquiño o equilibrio. Nos nenos/as, o equilibrio influe na forma de percibir o mundo que os rodea, as relacións sociais e a súa propia autoestima. Se un neno/a ten problemas de equilibrio, a súa capacidade de atención verase afectada e polo tanto o seu rendemento escolar.

1. Estatuas: o papá ou a mamá fará soar un instrumento musical de maneira continuada ( se non temos ningún instrumento, podemos empregar calquera obxecto que produza son ao tocalo). Mentres, o neno/a moverase libremente polo espazo. Cando o instrumento deixe de soar, o neno/a deberá permanecer quieto adoptando unha postura determinada. Repetiremos a dinámica e cada vez a postura terá que ser diferente.

2. Empurrón: este xogo é moi parecido ao anterior. Diferenciase en que o neno/a non terá que adoptar ningunha postura, só quedarse quieto. Nese momento, o papá ou a mamá daralle un lixeiro empurrón. O neno/a non poderá mover, en ningún momento, os pés do chan.

3. O bailarín: consiste en poñerse en posición de bailarina, é dicir, cos brazos en alto e unidos polas mans, mentras unha das pernas se apoia na contraria co pé no xeonllo. 



4. Camiñando sobre a liña: trazaremos no chan unha liña con cinta carrocera. Primeiro, o neno/a  camiñará sobre a liña colocando un pé diante do outro. Despois, realizará o mesmo percorrido pero esta vez levando nas mans un pau cuns aneis nos extremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario