Para este xogo necesitaredes un depresor ( se non o tedes podedes empregar unha culler ou un garfo) e varios dados. O neno/a agarrará un dos extremos do depresor cos beizos e pouco a pouco iremos colocando unha serie de dados apilados enriba do depresor. O neno/a deberá facer forza cos beizos para soster ese peso e que non lle caia.
   Para os máis pequenos podemos facer unha variante. Consistiría en transportar cunha culler entre os beizos diferentes obxectos de pouco peso, por exemplo noces, dun lugar a outro. 


 
No hay comentarios:
Publicar un comentario