Mostrando entradas con la etiqueta Motricidade Fina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Motricidade Fina. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2020

MUXINDO VACAS

  Ola! Como estades? Espero que ben.
  Para seguir traballando a motricidade fina, hoxe propóñovos unha serie de xogos moi divertidos.

MUXINDO VACAS.
Para este xogo ides precisar unha luva de látex (desas dun só uso). Pedídelle a papá ou a mamá que a enchan con auga e que coa axuda dunha agulla lle fagan un pinchaciño na punta dos dedos. Agora vós teredes que imaxinar que estades diante dunha vaca e ... MANS Á OBRA!!!, teredes que muxir a luva.



NA BUSCA DO TESOURO
Para o seguinte xogo necesitaredes un recipiente no que mesturaredes  fariña e garavanzos. Coa axuda dun coador, teredes que separar os garavanzos da fariña peneirando ( o neno/a tratará de non mover todo o brazo, só a man). Cando teñades uns poucos garavanzos no coador, teredes que collelos cos dedos dun en un e metelos pola boca dunha botella ( canto máis estreita sexa a boca da botella moito mellor).



O DISCO DE NEWTON
Para rematar déixovos un vídeo para que, coa axuda dos vosos papis por suposto, fabriquedes un disco moi divertido co que poder xogar e mellorar moito a vosa motricidade fina. Espero que o pasedes ben.





lunes, 1 de junio de 2020

PULSO CHINO


   As mans son  esa parte tan esencial da nosa anatomía que serven para case todo o realmente importante: crear, contar, tocar, escribir… XOGAR. Por iso hoxe vou  presentarvos tres xogos nos que o único material que imos precisar serán as nosas mans. Pasaremos un bo rato e ademais desenvolveremos certas destrezas que nos axudarán a ter unhas mans moito maís áxiles.



1. Pulso chino: Consiste en atrapar co dedo polgar o polgar da túa parella, como se pode ver na imaxe.




2. Piedra, papel, tijera: A pedra vence á tesoira rompéndoa, a tesoira vence ao papel cortándoo e o papel vence á pedra envolvéndoa.


3. Quentamans: Debemos colocarnos fronte ao noso contrincante coas nosas palmas das mans cara arriba mentres que o outro xogador colocará as súas enriba das nosas e cara abaixo.  O xogo é moi sinxelo. Terás que sacar as túas mans tan rápido como para poder golpear o dorso das mans do teu despistado contrincante.



martes, 26 de mayo de 2020

MOVENDO DEDOS

Seguimos movendo as mans e os dedos. Ánimo!
1. QUECEMENTO:

a) Carreira de dedos


b) Engurrando a tea: Estenderemos no chan un fular. O neno/a colocará os dedos enriba dun dos extremos do fular e irá movéndoos de maneira que todo o fular vaia camiñando cara ese extremo ata que se xunte todo.


c) Facendo pelotas de papel:


2. XOGO:

Para este xogo necesitaremos un barreño con auga, unhas figuriñas flotantes e un pulverizador. Co pulverizador, o neno/a deberá intentar mover as figuriñas sobre a auga.



lunes, 18 de mayo de 2020

FÚTBOL DE DEDOS


    Ola! Que tal a fin de semana? Espero que desfrutarades un pouquiño do bo tempo e xogarades ao aire libre.
  Para hoxe propóñovos que animedes aos vosos dedos a botar un partido de fútbol. Da mesma maneira que fan os xogadores antes de saír ao campo, os nosos dedos deberán facer un quecemento.

1. QUECEMENTO: 

  
Abrimos e pechamos con forza as mans.

Agarramos o pulso e movemos a man para arriba e para abaixo     ( o brazo non  se move).
Agarramos a man pola palma e empuxámola cara o brazo.
Colocamos as mans en posición de orar e despois rotámolas cos dedos apuntando ao fronte.


Coas mans en posición de orar, movémolas cara un lado e cara o outro.




Coas mans unha pegada na outra, facemos forza cara o punto de unión.







Axitamos as dúas mans.






Estiramos o polgar.







Estiramos cada un dos dedos.

  Unha vez feito o quecemento, os nosos dedos xa están listos para saír xogar. Bueno, é imprescindible ter un terreo de xogo. Dicídelle a papá ou a mamá que volo preparen  coa axuda dun xiz e dunhas cantas chapas.

2.FÚTBOL DEDO: teredes que marcar goles coa axuda dos vosos dedos índice e polgar. Fixádemos na imaxe.



martes, 12 de mayo de 2020

A PESCAR!

      Os xogos de pesca son ideais para a estimulación psicomotriz dos máis cativos debido á concentración e á precisión que precisan para lograr pescar. Ao mesmo tempo, este tipo de xogos axudaralles a ser máis pacientes e a desarrollar o pulso. Polo tanto ....  HOXE IMOS PESCAR!!!!   

1. Para iso necesitaremos que os papás nos impriman uns peixiños coma estes.



2. Nós, para practicar coas tesoiras, recortarémolos. 



3. Lembrade como se facía.


4. Despois, poñerémoslle a cada peixe un clip.




5.  Ademais, os nosos papis deberán facernos unhas canas de pescar cun pauciño, un fío e un imán.





6.  Cando teñamos todo listo, xa podemos poñernos mans á obra... A PESCAR! QUE PESQUEDES MOITO!








lunes, 4 de mayo de 2020

DEDO DEDIÑO

   Ola! Como estades? Espero que desfrutando a tope desa hora na que podedes  xogar e correr ao aire libre. Pero como o día é moi grande, propóñovos algunhas actividades coas que seguir traballando na casa un pouquiño a motricidade fina.

    O primeiro é un video cunha representación moi divertida. Intentádea facer cos vosos dediños.


     Agora, empregando as tesoiras recortaredes tiras de papel. Os vosos papás que vos preparen unha reixa cunha cartoliña como a da imaxe. Vós teredes que ir entrelazando as diferentes cintas. Xa veredes que bonito queda.



lunes, 27 de abril de 2020

XOGANDO COAS MANS

  Ola! Espero que esteades todos ben. Queredes xogar coas mans? Pois facede o que se indica no seguinte video.


         Agora propóñovos un xogo moi divertido e que será máis emocionante se o facedes por parellas, estilo competición.
        O papá ou a mamá terán que atar o extremo dunha cordiña a un obxecto fácil de manipular; pode ser unha caixa de zapatos, por exemplo. No outro extremo atarán un pauciño ( se non o tedes, podedes empregar unha culler de madeira, a maneta do mortero ou mesmo un lapis triplus). O neno/a estará situado nun recuncho da habitación co pauciño na man e a caixa de zapatos estará alonxada coa corda totalmente desenrolada. A actividade consistirá en que o neno/a deberá ir enrolando pouco a pouco a cordiña para que a caixa se achegue.

lunes, 20 de abril de 2020

CON TESOIRAS

   Hoxe imos traballar un pouquiño coas tesoiras. Para iso imos empezar cunha tarefa preparatoria que servirá de quentamento e ao mesmo tempo, axudará aos nenos/as a entender un pouquiño cal é a forma correcta de coller as tesoiras.

Tarefa preparatoria: propóñovos un xogo para o que necesitaremos unha botella baleira de lavalouza e varios cilindros do papel hixiénico. O primeiro que faremos é numerar cada un dos cilindros e cortar neles unha porta. Co anaco de cartón que retiramos das portas faremos fichas circulares e escribiremos un número tamén en cada unha delas ( no lugar de números podemos tamén empregar cores ou letras). Colocaremos os cilindros como se ve na imaxe. O neno/a , presionando a botella cos dedos e facendo sair o aire dela, deberá meter as fichas na porta correspondente. É moi importante que o voso fillo/a colla a botella como se indica na imaxe.

Traballo con tesoirasDo mesmo xeito que ensinamos a coller o lapis de maneira adecuada, tamén hai que aprender a coller as tesoiras correctamente. Para iso, os cativos deben rotar a man co polgar cara arriba e o pequeniño cara abaixo.


  • O polgar debe estar dentro dun dos  buratos da tesoira.
  • O dedo índice sempre fóra.
  • Os dedos maior e anular dentro do outro burato.
Empregando tesoiras de punta roma, os nenos/as realizarán diferentes recortes. Se o neno/a é zurdo, é importante darlle unha tesoira para zurdos.
Aquí vos deixo unha idea divertida.




martes, 14 de abril de 2020

REPOSTERÍA.


  Ola! Espero que esteades todos ben. Como a repostería está collendo un boom estes día, quero aprobeitar para deixarvos unha receta coa que os nenos/as, ademais de pasar un momento moi divertido, estarán traballando a motricidade fina. Espero que vos guste.


lunes, 30 de marzo de 2020

MOTRICIDADE FINA 3

    A partir dos tres anos é importante fixarse en como os nenos/as collen o lapis. Para conseguir unha correcta presión e prensión do mesmo é preciso realizar unha serie de actividades previas, actividades que traballen a motricidade fina. 
  Hoxe propóñovos tres que espero vos resulten moi divertidas.

1. Colocaremos dúas cubetas, unha con auga e outra baleira. O neno/a deberá pasar a auga dunha cubeta á outra coa axuda dunha esponxa.
2. Sobre unha base ( taboleiro, bandexa...) pegaremos con cinta aislante diferentes obxectos ( animaliños, pezas de construción, tapas de botellas...). O neno/a deberá quitar cada un dos obxectos pegados. Para facelo máis emocionante podemos darlle un tempo ao neno/a para que o consiga ( ten que ser capaz de facelo antes de que toque a alarma, por exemplo).

3. Prepararemos unha cestiña como se pode ver na imaxe. Colocaremos dentro varias pezas de madeira ou doutro material. O neno/a ten que ser capaz de collelas cunha pinza ( pinza do xeo) e sacalas para fóra da cesta.


lunes, 23 de marzo de 2020

TAREFAS DA VIDA COTIÁ

Non é preciso complicarse á hora de buscar actividades nas que os nosos fillos/as traballen a motricidade fina. Son moitas as tarefas diarias na que esta está moi presente. Aí vos van unhas cuantas.
Verter auga en diferentes recipientes con moito coidado para que non se derrame.

Quitarlle a monda a unha laranxa ou mandarina.

Quitarlle a casca a un ovo cocido.

Colgar con pinzas diferentes pezas de roupa nun tendal.

Debullar un por un, os grans dunha mazorca de millo.

Preparar un zume de laranza. Primeiro cortar a laranxa á metade e despois espremela.

Romper coas mans unha cantidade considerable de espaguettis.

lunes, 16 de marzo de 2020

MOTRICIDADE FINA 1


Esta serie de actividades permiten desenvolver as habilidades motoras dos dedos e das mans en coordinación cos ollos.
1. Colocaremos unha cubeta cun pouco de auga e algunhas tapas de botellas. O/A neno/a deberá coller as diferentes tapas coa axuda de dous depresores, como se indica na imaxe.
2. Faremos uns buratos no tubo dun rollo de papel hixiénico. O/A neno terá que meter palliñas polos diferentes buratos.
3. Dispersaremos polo chan varias boliñas de algodón. O/A neno/a deberá coller cada unha das boliñas coa axuda dunha pinza da roupa.
4. Darémoslle ao noso/a fillo/a un cilindro ( bote de refresco, tubo de papel…) e unha serie de gomas elásticas. Deberá colocar as gomas arredor do tubo.