Mostrando entradas con la etiqueta Relaxación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relaxación. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de mayo de 2020

TOMANDO AIRE.

  Aquí vos deixo unha canción da banda sonora da película Ballerina coa que nos imos relaxar. 
  Deitádevos no chan. Os vosos pés estarán apoiados no asento do sofá ( só os pés, as pernas  estarán no aire). Os brazos estarán relaxados ao longo do voso corpo. Mentres escoitades a música, ides imaxinar que estades no medio dun inmenso prado de herba verde. Sentídesvos libres. Respirades aire fresco. Estendedes os vosos brazos e  imaxinades que corredes, voades, saltades, soñades....



viernes, 15 de mayo de 2020

RESPIRA.

     Ola! Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias esteades moi ben. Eu desexando vervos moi pero que moi pronto. Bótovos moito de menos.💖💗💗💖
     Hoxe déixovos un conto que vos ensinará diferentes formas de respirar e estas formas de respirar axudaranvos a estar máis relaxados e tranquilos. Escoitade o conto con atención e despois escollede aquelas maneiras de respirar que máis vos gustaron e ... A RESPIRAR!!



viernes, 24 de abril de 2020

A RULETA DA RELAXACIÓN.

      A tarefa de hoxe consistirá en fabricar unha ruleta como a que se amosa na imaxe. O neno/ a deberá facela xirar e imitar a postura de ioga que saia elixida. Se non queredes facer a ruleta, tamén podedes empregar un dado. Forraredes unha caixa con forma de cubo e en cada unha das caras pegaredes unha imaxe. O neno/a lanzará o dado ao aire e... A XOGAR!!!



viernes, 3 de abril de 2020

FÓRA TENSIÓNS

  Hoxe toca liberar tensións e para iso propóñovos dous xogos.

  • Manter a mirada: pai/nai e fillo/a deberán mirarse fixamente sen pestanexar. O primeiro que o faga perderá.
  • Aguantar a risa: o papá ou a mamá terán que facer monerías e o neno/a deberá aguantar sen rir. Se o fai, perderá e pasará a ser el o que ten que facer rir.


    A música é un elemento  moi importante para o ser humano. Acompáñanos ao longo da nosa vida e axúdanos a mellorar o noso estado de ánimo e a aliviar tensións. Por iso convídovos a que escoitedes cos vosos fillos esta canción, tantas veces escoitada na clase, e que, por un intre, esquezades os vosos problemas, as vosas ocupacións e vos deixedes levar pola música. Todos somos Tadeo Jones nesta aventura que é a VIDA e está claro, como di a canción, que TODO É POSIBLE SE ESTAMOS XUNTOS. ÁNIMO!!