miércoles, 10 de junio de 2020

EQUILIBRISTAS

   Na sesión de hoxe imos continuar traballando un pouquiño o equilibrio. Para iso anímovos a practicar realizando tres xogos.

COLORÍN, COLORÍN

Para este xogo precisamos atar case a ras do chan, unha cordiña con papeis de diferentes cores colgando. O neno/a colocarase próximo á corda e terá que tocar tantas veces como lle digamos, o papeliño da cor que indiquemos. Por exemplo: toca a cor amarela tres veces. O neno/ a levantará o pé dominante e tocará tres veces seguidas, sen pousar o pé no chan, o papeliño amarelo. Repetiremos coas diferentes cores e cando rematemos, faremos que o neno/a o intente co outro pé.


CARREIRA

Coa axuda de dúas macetas de plástico e varios globos pequenos cheos de auga imos realizar o seguinte xogo. Ataremos nos pés do neno/a as macetas segundo se indica na imaxe. Trazaremos un percorrido e nun extremo do mesmo colocaremos un montón de globos. O neno/a terá que coller coas mans dous globos e colocalos en cadansúa maceta. Fará o percorrido camiñando e ao chegar á meta deixará os globos noutro recipiente pero sen collelos coas mans. Esta vez terá que levantar os pés  para depositar os globos no novo recipiente.

Juegos

CAMIÑATA SOBRE CHURRO

Agora imos necesitar un churro de piscina. Colocarémolo sobre o chan e o cativo deberá camiñar descalzo sobre el mantendo o equilibrio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario