Ola! Como estades? Espero que ben.
Para seguir traballando a motricidade fina, hoxe propóñovos unha serie de xogos moi divertidos.
MUXINDO VACAS.
Para este xogo ides precisar unha luva de látex (desas dun só uso). Pedídelle a papá ou a mamá que a enchan con auga e que coa axuda dunha agulla lle fagan un pinchaciño na punta dos dedos. Agora vós teredes que imaxinar que estades diante dunha vaca e ... MANS Á OBRA!!!, teredes que muxir a luva.
NA BUSCA DO TESOURO
Para o seguinte xogo necesitaredes un recipiente no que mesturaredes fariña e garavanzos. Coa axuda dun coador, teredes que separar os garavanzos da fariña peneirando ( o neno/a tratará de non mover todo o brazo, só a man). Cando teñades uns poucos garavanzos no coador, teredes que collelos cos dedos dun en un e metelos pola boca dunha botella ( canto máis estreita sexa a boca da botella moito mellor).
O DISCO DE NEWTON
Para rematar déixovos un vídeo para que, coa axuda dos vosos papis por suposto, fabriquedes un disco moi divertido co que poder xogar e mellorar moito a vosa motricidade fina. Espero que o pasedes ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario