Nas nosas casas hai un sen fin de obxectos que podemos reutilizar empregando un pouquiño a nosa imaxinación. Reutilizar permitiranos darlle un uso alternativo a materiais que nun principio tiñamos pensado tirar ao lixo pero ademais, activará a nosa creatividade e neste caso, aportaranos un momento de diversión.
Aquí vos deixo unha serie de ideas para crear diferentes xoguetes reutilizando. Por suposto, xoguetes cos que estimular a motricidade dos máis pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario