viernes, 12 de junio de 2020

FIN DE CURSO

      Queridos nenos e nenas:

   Esta foi a derradeira sesión de psicomotricidade deste curso; un curso atípico que permanecerá na nosa memoria para sempre e que, de seguro, nos fixo aprender unha gran lección.

  A aqueles que seguides en Educación Infantil, dicirvos que nos vemos o curso que ven. Estareivos agardando cos brazos abertos e chea de xogos para compartir.

     Aos que pasades para Primaria, dicirvos que foi un pracer ser a vosa profe. Sodes uns nenos e nenas incribles e  todos e cada un de vos deixa unha pegada importante no meu corazón. Espero que na nova etapa que ides iniciar teñades moita sorte e estou segura de que ides lograr todo o que vos propoñades. Non renunciedes nunca a loitar por acadar as vosas metas porque, con ilusión e esforzo, todo é posible. Non deixedes nunca de soñar, de voar, de xogar e aínda que medredes, non deixedes nunca de ser nenos.

      Que pasedes un feliz verán.

      Un biquiño.

      Mª José Fernández.

OLLOS XOGUETONES

  Seguimos traballando a motilidade ocular, tan importante para a aprendizaxe da lecto-escritura.

 BALÓN DE LETRAS

Colleremos unha pelota e escribiremos nela diferentes letras. O neno/a estará colocado moi próximo á unha parede na que teremos marcada cunha cinta adhesiva unha cruz. O neno/a lanzará coas dúas mans a pelota contra a parede tratando de darlle á cruz. Cando volva  coller a pelota, terá que dicir o nome da primeira letra que vexa.

Imagen

MIRANDO AO LONXE

Para esta actividade necesitaremos seis pauciños depresores ou tiras de cartoliña. Nun dos extremos de cada pauciño debuxaremos un círculo e pintarémolo dunha determinada cor. O neno/a estará de pé. Colocarémoslle o depresor moi preto dos ollos e pedirémoslle que mire para el. Pouco a pouco iremos alonxando o pau  ata máis ou menos 30  centímetros. É agora cando lle pediremos ao neno/a que nos diga cal é a cor que está pintada no depresor. Repetiremos a operación con cada un dos depresores. 

Una Mano Del ` S Del Niño Con Un Lápiz Imagen de archivo - Imagen ...

miércoles, 10 de junio de 2020

EQUILIBRISTAS

   Na sesión de hoxe imos continuar traballando un pouquiño o equilibrio. Para iso anímovos a practicar realizando tres xogos.

COLORÍN, COLORÍN

Para este xogo precisamos atar case a ras do chan, unha cordiña con papeis de diferentes cores colgando. O neno/a colocarase próximo á corda e terá que tocar tantas veces como lle digamos, o papeliño da cor que indiquemos. Por exemplo: toca a cor amarela tres veces. O neno/ a levantará o pé dominante e tocará tres veces seguidas, sen pousar o pé no chan, o papeliño amarelo. Repetiremos coas diferentes cores e cando rematemos, faremos que o neno/a o intente co outro pé.


CARREIRA

Coa axuda de dúas macetas de plástico e varios globos pequenos cheos de auga imos realizar o seguinte xogo. Ataremos nos pés do neno/a as macetas segundo se indica na imaxe. Trazaremos un percorrido e nun extremo do mesmo colocaremos un montón de globos. O neno/a terá que coller coas mans dous globos e colocalos en cadansúa maceta. Fará o percorrido camiñando e ao chegar á meta deixará os globos noutro recipiente pero sen collelos coas mans. Esta vez terá que levantar os pés  para depositar os globos no novo recipiente.

Juegos

CAMIÑATA SOBRE CHURRO

Agora imos necesitar un churro de piscina. Colocarémolo sobre o chan e o cativo deberá camiñar descalzo sobre el mantendo o equilibrio.




lunes, 8 de junio de 2020

MUXINDO VACAS

  Ola! Como estades? Espero que ben.
  Para seguir traballando a motricidade fina, hoxe propóñovos unha serie de xogos moi divertidos.

MUXINDO VACAS.
Para este xogo ides precisar unha luva de látex (desas dun só uso). Pedídelle a papá ou a mamá que a enchan con auga e que coa axuda dunha agulla lle fagan un pinchaciño na punta dos dedos. Agora vós teredes que imaxinar que estades diante dunha vaca e ... MANS Á OBRA!!!, teredes que muxir a luva.



NA BUSCA DO TESOURO
Para o seguinte xogo necesitaredes un recipiente no que mesturaredes  fariña e garavanzos. Coa axuda dun coador, teredes que separar os garavanzos da fariña peneirando ( o neno/a tratará de non mover todo o brazo, só a man). Cando teñades uns poucos garavanzos no coador, teredes que collelos cos dedos dun en un e metelos pola boca dunha botella ( canto máis estreita sexa a boca da botella moito mellor).



O DISCO DE NEWTON
Para rematar déixovos un vídeo para que, coa axuda dos vosos papis por suposto, fabriquedes un disco moi divertido co que poder xogar e mellorar moito a vosa motricidade fina. Espero que o pasedes ben.





viernes, 5 de junio de 2020

IOGA COS ANIMAIS DO MAR

   E para rematar a semana...!, algo de relaxación. Hoxe axudaranvos uns simpáticos animaliños que sairon das profundidades do océano. 




            BOA FIN DE SEMANA!

jueves, 4 de junio de 2020

O DRAGÓN

    Ola! Aquí vos deixo un vídeo cunha serie de praxias e movementos bucofaciais para exercitar a musculatura da nosa cara e así mellorar a nosa pronunciación.



       Para rematar, propóñovos que, coa axuda dos vosos papás, fagades este dragón. Con el poderedes xogar e ademais practicar o sopro.




martes, 2 de junio de 2020

ESTATUAS

   Hoxe imos traballar un pouquiño o equilibrio. Nos nenos/as, o equilibrio influe na forma de percibir o mundo que os rodea, as relacións sociais e a súa propia autoestima. Se un neno/a ten problemas de equilibrio, a súa capacidade de atención verase afectada e polo tanto o seu rendemento escolar.

1. Estatuas: o papá ou a mamá fará soar un instrumento musical de maneira continuada ( se non temos ningún instrumento, podemos empregar calquera obxecto que produza son ao tocalo). Mentres, o neno/a moverase libremente polo espazo. Cando o instrumento deixe de soar, o neno/a deberá permanecer quieto adoptando unha postura determinada. Repetiremos a dinámica e cada vez a postura terá que ser diferente.

2. Empurrón: este xogo é moi parecido ao anterior. Diferenciase en que o neno/a non terá que adoptar ningunha postura, só quedarse quieto. Nese momento, o papá ou a mamá daralle un lixeiro empurrón. O neno/a non poderá mover, en ningún momento, os pés do chan.

3. O bailarín: consiste en poñerse en posición de bailarina, é dicir, cos brazos en alto e unidos polas mans, mentras unha das pernas se apoia na contraria co pé no xeonllo. 



4. Camiñando sobre a liña: trazaremos no chan unha liña con cinta carrocera. Primeiro, o neno/a  camiñará sobre a liña colocando un pé diante do outro. Despois, realizará o mesmo percorrido pero esta vez levando nas mans un pau cuns aneis nos extremos.


lunes, 1 de junio de 2020

PULSO CHINO


   As mans son  esa parte tan esencial da nosa anatomía que serven para case todo o realmente importante: crear, contar, tocar, escribir… XOGAR. Por iso hoxe vou  presentarvos tres xogos nos que o único material que imos precisar serán as nosas mans. Pasaremos un bo rato e ademais desenvolveremos certas destrezas que nos axudarán a ter unhas mans moito maís áxiles.



1. Pulso chino: Consiste en atrapar co dedo polgar o polgar da túa parella, como se pode ver na imaxe.




2. Piedra, papel, tijera: A pedra vence á tesoira rompéndoa, a tesoira vence ao papel cortándoo e o papel vence á pedra envolvéndoa.


3. Quentamans: Debemos colocarnos fronte ao noso contrincante coas nosas palmas das mans cara arriba mentres que o outro xogador colocará as súas enriba das nosas e cara abaixo.  O xogo é moi sinxelo. Terás que sacar as túas mans tan rápido como para poder golpear o dorso das mans do teu despistado contrincante.



viernes, 29 de mayo de 2020

A CARRETILLA

 Nas actividades da sesión de hoxe traballaremos a musculatura dos brazos e das mans e tamén a súa coordinación.
1. 


  Colocaremos no chan varias liñas con cinta carrocera, segundo se indica na imaxe. O neno/a colocarase cos pés na primeira das liñas, dobrará o corpo pola cintura e levará as mans ata os pés. Pouco a pouco irá avanzando coas mans por cada unha das liñas ata chegar á derradeira e estar case estirado. Por suposto, os pés non se poderán mover. Nesa última posición aguantará uns segundos e regresará novamente á posición inicial (repetirá tres veces).

2.


    Agora colocaremos no espazo que hai entre a terceira e a cuarta liña un recipiente e ao lado unhas cantas pelotiñas de plástico ou calquera obxecto similar. Mandarémoslle ao neno/a repetir o exercicio anterior pero esta vez, cando chegue coas mans á terceira liña, quedará alí quieto e terá que coller cada unha das pelotiñas coa man dominante e metelas dentro do recipiente. Unha vez feito, regresará á posición inicial. Repetiremos a actividade, agora empregando a outra man. É moi importante que durante o exercicio o neno/a non estea nunha posición moi forzada. Fixádevos na posición que ten o neno da imaxe, esa é a correcta.

3. CARRETILLA.

  Por último, coa axuda dun adulto, o neno/a realizará a carretilla. É importante visualizar o vídeo porque nos indica como facelo de maneira correcta para que o neno/a non lesione nin a columna nin a zona lumbar.

martes, 26 de mayo de 2020

MOVENDO DEDOS

Seguimos movendo as mans e os dedos. Ánimo!
1. QUECEMENTO:

a) Carreira de dedos


b) Engurrando a tea: Estenderemos no chan un fular. O neno/a colocará os dedos enriba dun dos extremos do fular e irá movéndoos de maneira que todo o fular vaia camiñando cara ese extremo ata que se xunte todo.


c) Facendo pelotas de papel:


2. XOGO:

Para este xogo necesitaremos un barreño con auga, unhas figuriñas flotantes e un pulverizador. Co pulverizador, o neno/a deberá intentar mover as figuriñas sobre a auga.



viernes, 22 de mayo de 2020

TOMANDO AIRE.

  Aquí vos deixo unha canción da banda sonora da película Ballerina coa que nos imos relaxar. 
  Deitádevos no chan. Os vosos pés estarán apoiados no asento do sofá ( só os pés, as pernas  estarán no aire). Os brazos estarán relaxados ao longo do voso corpo. Mentres escoitades a música, ides imaxinar que estades no medio dun inmenso prado de herba verde. Sentídesvos libres. Respirades aire fresco. Estendedes os vosos brazos e  imaxinades que corredes, voades, saltades, soñades....



jueves, 21 de mayo de 2020

PERRUCAS

       Hoxe imos xogar a ser perruqueiros, que vos parece?

MATERIAIS:

  • Folios.
  • Un lapis.
  • Témperas de cores.
  • Un vaso.
  • Un pincel.
  • Unha pouquiña de auga.
  • Unha palliña.
  Nun folio, debuxaremos unha cara. Lembrade; ten que ter dous ollos, un nariz, unha boca e dúas orellas. Sempre lle debuxamos pelo pero esta vez, non. Cando teñamos a nosa cara debuxada, na zona do pelo e coa axuda dun pincel, deixaremos caer unhas pinguiñas de témpera diluida nunha pouquiña de auga. Despois, colleremos a palliña e sopraremos enriba de cada pinguiña para así debuxar o pelo.





  Deste xeito, ademais de conseguir uns debuxos moi graciosos, estaremos fortalecendo os músculos da nosa cara e así conseguiremos mellorar a nosa fala.